Foto sacada o 1 de Marzo do 2012 en Ourense.
¿Cantas veces nos
encontramos na nosa vida ante esta situación? ¿E cantas de estas veces lle
prestamos algunha atención? Si, o que é un gasto innecesario o levamos como
algo habitual no noso ambiente, ó que un transporte público leve o aire
acondicionado non nos condiciona parece ser para abrir as ventás, e iso que hai
un aviso na mesma ventá senón xa non me imaxino o que pasaría...
Parece ser que
como abafamos de calor queremos buscar a solución rápida sen importar a quen e
a que repercutimos. Sinto recordar que isto non só o facemos cunha ventá senón
que nos pasamos toda a nosa vida escusando os nosos gastos en necesidades
propias e eu me pregunto, ¿e os demais? ¿e o noso planeta? ¿Cales son as súas
necesidades?
Vivimos por e para
nós, sen preocuparnos do que gastamos, do que consumimos, do pouco que coidamos
o noso arredor, pero iso si, somos os primeiros en queixarnos cando vemos as
masacres que hai polo mundo, e se esas masacres tocan cerca de nós, somos os
primeiros da fila empezando polo principio en facer que esas masacres
desaparezan.
Empezamos abrindo
unha ventá, ¿e por onde rematamos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario