jueves, 29 de marzo de 2012

Ata onde pode chegar o impacto das accións humanas?


A imaxe que se mostra está sacada o 3 de marzo de 2012 nunha zona mariñeira de Vigo (Bouzas) onde a actividade humana provocou un impacto ecolóxico moi forte por diferentes causas.
Antes, esta zona era un gran areal onde se podía disfrutar duns longos e refrescantes baños en verán así como dunha pesca de baixura enriquecedora. Pois ben, nos últimos anos a cidade decidiu facer un gran ensanche na costa para poder almacenar todos os vehículos que a empresa Citroën fabrica, polo que o areal reduciuse duramente. Se a iso lle sumamos a construción dun peirao deportivo onde estacionan miles de lanchas e se perde constantemente unha gran cantidade de fuel, poderase interpretar todo o desastre ecolóxico que se está a producir.
É desesperante ver toda a contaminación que hai no mar, todo o lixo que entre as augas se atopan, e ver que onde antes había peixes agora hai barcos e coches almacenados.
Non sei canta relación pode haber entre estas accións humanas e a aparición de miles de coellos que se esconden entre as pedras dese mesmo paseo, pero verdadeiramente é unha praga preocupante.




Un areal perdido, como tantos outros na costa galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario