O hiperconsumismo é un problema da actualidade na que
todos estamos somerxidos, querendo ou sen querelo, posto que grandes
multinacionais nos bombardean a cada momento con miles de anuncios que nos
manipulan e fan que desexemos un produto que non precisamos ou que son
totalmente inútiles. Isto lévanos a converternos nunha sociedade chea de copias
na que todos consumimos o mesmo porque “está de moda”. O que nos produce unha necesidade
de renovación constante para poder encaixar nun patrón que guía á sociedade e
que se te desencamiñas, quedas fóra; sumándoo coa nova idea de crear produtos
que “caducan” tan pronto como saen o mercado, fai que creemos un lixo “de modas”
insostible e preocupante.
Polo que chamo á reflexión de toda a sociedade e pregunto
¿Credes que merece a pena seguir as modas que nos fan ser a todos iguais e prexudiciais
para o planeta ou ser un mesmo e contribuír a ter un mundo mellor?
Es preferible ser uno mismo y tener la conciencia tranquila pero si piensas así desgraciadamente la sociedad te ve como un "bicho raro" porque no sigues el ideal que se marca.
ResponderEliminarCreo que a concepción de "diferente" varía según o rango de idade da xente. Polo xeral a xuventude de hoxe en día está máis preocupada por mostrar unha imaxe ao público que por ser un mesmo. Quizáis a cultura de "crítica sen sentido" que podemos observar na prensa e na televisión incrementa esta mentalidade de aparentar para que os demáis nos vexan dunha maneira que realmente non somos.
ResponderEliminar